Video de piccasa

E:

jueves, 3 de marzo de 2011

9. DISPOSITIVOS DA COMUNICACIÓN. REDES.
  • Redes locais. 
unha rede local é un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de rede. Ademais desta tarxeta é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software axeitado, denominado software de rede, que permita compartir os dispositivos conectados á rede.

Topoloxía dunha rede.
Unha rede local pode instalarse de varias maneiras distintas, e cada unha vén determinada por características como o tipo de cableado, a velocidade e transferencia e a seguridade que poderá ter.
 
Rede en anel: Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se é el o destinatario; se non fose así, deixará pasar información ao seguinte, e así sucesivamente.
Rede en estrela: Os ordenadores non están conectados directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e con velocidades de transmisión alta. 

*hub e switch: Estes son os dispositivos que se poden emplear para interconectar todos os ordenadores dunha rede en estrela     
  -Hub ou concentrador: A este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo, e actúa de ponte entre todos eles.
  -Switch ou conmutador: Ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, só envía a información ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.

 

  • Cableado dunha rede local.
      Existen varios tipos de cableado local:
  • *Cableado coaxial:Trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media: a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente está en desuso.
    *Cableado UTP:Este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación.
    *Cableado de fibra óptica:
    A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro protexidos por fibras de kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permiten alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa.
  • Redes externas. Internet:Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo países.

Redes inarámicas: Nas redes inarámicas, tamén denominadas wifi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que supón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo conséguese gran liberdade de movemento.
A tecnoloxía que permiten a conexión sen cables baséase tanto en ondas de raio coma en microondas para transmitir a información. A velocidade de transmisión é baixa e varían segundo o protocolo utilizado. As distancias tamén van aumentando como é o caso de WiMAX, que permite conexións ata un máximo de 50 km, con velocidades de ata 70 Mbps.


As redes privadas virtuais: son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa, pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación pode chegar a ser privada.

Conexións através du unha liña telefónica

Os modems: son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña telefónica convencional. A súa misión consiste en modula (converter) o sinal dixital do ordenador en analóxica (para ser enviada pola liña telefónica) e demodulala sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital. Anteriormente os modems eran externos pero na actualidade son internos, ademais xeneralizáronse os modems fax, que permiten aumentar a funcionalidade do ordenador.

*Tarxetas RDSI:É unha liña telefónica que entre as súas vantaxes fronte ás liñas RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas. É necesario utilizar unha tarxeta de comunicación RDSI.
*Módems ADSL:Esta tecnoloxía permite o uso de fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade e para o uso normal dunha liña telefónica.
As liñas ADSL permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío. A evolución do ADSL trouxo consigo novas versións melloradas desta tecnoloxía, como a ADSL2 e a ADSL2+, cun aumento substancial das velocidades de transferencia. Para poder realizar a conexión a través dunha liña ADSL, é necesario dispoñer dun modem especial denominado modem ADSL.

*Router:Este dispositivo permite unir ordenadores coma se fose un hub ou swich. Pero esta non é a súa única e principal función, posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queren conectar. Este último é o motivo polo que existen router ADSL que permiten realizar a conexión a internet a través da liña telefónica.
O router tamén se encarga de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios.
Un router tamén en capaz de comprobar se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa; ademais, se hai varias rutas, o router elixirá a máis rápida.
 


  • Conexión a través de cable: con este tipo de conexións conséguense altas taxas de transmisión. O inconveniente deste tipo de conexión é que necesita unha infraestrutura nova que non en todas as zonas xeográficas está dispoñible. A conexión non se establece directamente entre o usuario e o provedor senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, motivo polo que diminúe a taxa de transferencia a medida que se conectan outros usuarios ao mesmo cable, ademais de dispoñer de cobertura é necesario un modem-cable.
    Aínda que un modem-cable modula/demodular a información como un modem convencional, tamén realiza funcións semellantes ás dunha tarxeta de rede
    posto que o modem-cable se conecta directamente cun sistema de terminación de modem cable, pertencente á compañía, e só con el poderá realizar a transferencia de información.






  • Conexión vía satélite:A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet. A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que utilice calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representen un volume pequeno de información.
    Esta tecnoloxía está en desuso pola súa baixa velocidade fronte a outros sistemas cablear, e a súa utilización está a quedar reducida a lugares ou situacións onde por razóns xeográficas, non hai posibilidade de utilizar outro tipo de conexión.




    • Conexión por ondas radioelétricas: Tamén é posible acceder a internet mediante ondas radioeléctricas. A este sistema de conexión coñéceselle coas siglas LMDS, que fan alusión á existencia de múltiples puntos cos que os usuarios establecen comunicación mediante ondas radioeléctricas de alta frecuencia. Dependendo da frecuencia, alcánzanse diferentes taxas de transferencia de información e distintas distancias de operatividade.
    • Conexión móbil.
      *GSM: O sistema GSM é un estándar internacional de telecomunicacións dixitais móbiles, que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. No GSM a voz convértese nun sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala.
      *GPRS: O sistema GPRS está baseado na comunicación de paquetes e non de circuítos, como era o caso do sistema GSM. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas.
      *UMTS: O sistema de comunicación UMTS traballa cunha frecuencia moi alta (2 GHz), que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esa taxa é posible transmitir voz e datos á vez, e mesmo sinal de TV e videocámara.

    aqui accederas a unha paxina sobre o tema

     

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario