Video de piccasa

E:

viernes, 5 de noviembre de 2010

Museo del prado

O Museo do Prado (oficialmente Museo Nacional del Prado) situado en Madrid, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de obras de Velázquez, Goya, Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, Van Dyck ou El Bosco, entre outros. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de 7.800 que ten no seu inventario.




Visualizar o mapa ampliado

Bateas

As bateas consisten nunha armazón rectangular de madeira de 100 a 500 metros cadrados soportada por flotadores de aceiro recubertos con fibra de vidro, poliéster ou recheos con poliéster expandido.

A balsa suxéitase ao fondo mediante unha ou dúas cadeas de aceiro e un peso de vinte toneladas. Da armazón de madeira cólganse cordas de nailon de tres centímetros de grosor e de dez a doce metros de longo, onde se engorda o mexillón.

As bateas ordénanse en grupos chamados polígonos, cuxa disposición e número están controlados polas autoridades autonómicas. Recentemente limitouse a 500 o número de cordas por balsa para evitar a saturación das zonas de cultivo e favorecer un mellor crecemento.

As medidas dunha bates son:
ancho:18,27
Largo:26,21





martes, 2 de noviembre de 2010

Pregunta nº15 do exame de tic

Tecnoloxía GRID:

O término GRID  utilízase para designar unha proposta de traballo basada na utilización de ordenadores que estiberan conectados entre sí a través de unha rede de área local, dunha intranet, ou incluso dea propia internet.
 Pretendese aproveitar o procesamento de todos os ordenadores conectados para crear un superordenador virtual, de modo que poida realizar grandes cantidades de procesamento fraccionando a información en multitude de porcións, desarolladas polos distintos ordenadores conectados de forma paralela.
Esta propsta de de traballo supón un aforro enerxético e de recuros acode coa idea general dun desenrrolo tecnolóxico sostible.Trátase de aproveitar o alto porcentaxe de procesamento que queda libre na mayoría dos microprocesadores dos ordenadores persoais , que do outro modo estaría completamente desaproveitado.

Samaín

SAMAÍN é unha celebración de orixe celta reconvertido ao Cristianismo, o Día de Todos os Santos. Esta festa etaba esquecida de varias décadas, pero nos últimos anos está volvendo a recuperarse grazas ao traballo feito nas escolas e en varios municipios de Galicia. A noite do 31 de outubro o ano Celta comeza, remata o verán eo inverno vén . Nesta noite, as almas dos mortos a través da porta que separa o mundo dos vivos e de mortos e visitan as casas das súas familias para quentar comida e bebida.


A festa do samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados fretando pólas de capudre e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
Polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño –posteriormente cabazas- para pórlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galiza, destacándose Cedeira- ten continuidade nas festas de Halloween (adaptación do samaín na cultura estadounidense, sendo máis semellante a un entroido), que poderían ter sido exportadas aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX e comezos do XX.