8. DISPOSITIVOS DE ALMACENAMENTO.
- Discos magnéticos:
O disco flexible, tan utilizado ata a aparición da memoria flash, era o soporte de almacenamento que se utilizaba para transportar información dun ordenador a outro. Os discos flexibles máis utilizados eran os denominados discos de 3 1/2, aínda que existían outros como os discos ZIP, e os Superdisk LS-x.
Hoxe en día, o representante máis importante dos discos magnéticos é o disco duro. Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; o número de discos e a composición do material magnético determina a capacidade do disco duro, hoxe falamos de discos duros de 200, 400 ou 500 GB, e mesmo de 1 TB. Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos poden ser: discos IDE (EIDE), que pola súa velocidade de transferencia poden ser (ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66,Ultra DMA-100,Serial-ATA.
- Disco ópticos:
CDR:Son discos que permiten que a información almacenada nel poida ser modificada, pero só unha vez.
CD RW:Son discos regrabables como os CD R pero diferéncianse en que os CD RW poden modificar varias veces a información gravada neles blue-ray: Este nome débese á cor azul do seu raio láser. É un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade. Hoxe en día chegan a almacenar dende 25 a 33,4 GB por capa ou ata 50 GB se se trata de discos de dobre capa.
En canto á súa velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/S ata 432 Mbit/S.
- Discos mágneto-óptico.
A superficie dun disco magneto-óptico está constituída por unha aliaxe de metal cristalino sobre unha superficie de aluminio.
Á hora de gravar ou modificar información, o láser quenta unha pequena porción de superficie da aliaxe cristalina, liberando aos cristais o suficiente para permitirlles o movemento. O campo magnético é capaz de orientalos para que cambien a súa posición e poder así representar os díxitos (1 e 0) correspondentes á nova información.
A lectura de información realízase do mesmo modo que nun disco óptico.
- Dispositivos de almacenamento baseado na memoria flash.
- 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
Disco magnético |
Discos Ópticos (CD ROM, DVD) |
Disco Magneto-óptico |
Memoria flash Blue-Ray |
texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario