- Baixo custo de adquisición: Trátase dun software económico xa que permite un aforro de grandes cantidades na adquisición das licenzas.
- Innovación tecnolóxica: Isto débese a que cada usuario pode achegar os seus coñecementos e a súa experiencia e asi decidir de xeito conxunto cara a onde se debe dirixir a evolución e o desenvolvemento do software. Este é un grande avance na tecnoloxía mundial.
- Independencia do provedor: Ao dispoñer do código fonte, garántese unha independencia do provedor que fai que cada empresa ou particular poida seguir contribuíndo ao desenvolvemento e os servizos do software.
- Escrutinio público: Isto fai que a corrección de erros e a mellora do produto se leven a cabo de xeito rápido e eficaz por cada un dos usuarios que cheguen a utilizar o produto.
- Adaptación do software: Esta calidade resulta de grande utilidade para empresas e industrias específicas que necesitan un software personalizado para realizar un traballo específico e co software libre se pode realizar e con custos moito máis razoables.
- Linguas: Aínda que o software se cree e saia ao mercado nunha soa lingua, o feito de ser software libre facilita en boa medida a súa tradución e localización para que usuarios de diferentes partes do mundo poidan aproveitar estes beneficios.
Inconvenientes do software libre:
No hay comentarios:
Publicar un comentario