Video de piccasa

E:

miércoles, 6 de octubre de 2010


Coldplay é unha banda de rock alternativo formada en 1996 en Londres, Inglaterra. O grupo está formado polo vocalista/pianista Chris Martin, o guitarrista Jonny Buckland, o baixista Guy Berryman e o baterista Will Champion.
Polos seus primeiros traballos, Coldplay foi a miúdo comparado con bandas como Radioheade U2, así como con a-ha debido principalmente a que algúns membros da banda colaboraron na sua xuventude con Magne Furuholmen, do grupo a-ha. Dende o lanzamento do álbum debut da banda, Parachutes, Coldplay tomou diversas influenzas, incluíndo a Echo and the Bunnymen E George Harrison en A Rush of Blood to the Head (2002) e a Johnny Cash, Kraftwerk e Depeche Mode en X&Y.
Coldplay apoiou activamente a varias organizacións, como a Oxfam, na súa campaña Make Trade Fair, e a Amnistía Internacional. Tamén fíxose presente en varias obras de caridade como Band Aid, Live 8 e o Teenage Cancer Trust .A banda podería ficar no ostracismo total, como moitas outras, pero tivo un pouco de sorte: decidiron lanzar un sinxelo, "Safety", a pesar de ter só cartos para 500 copias. Xa pola Parlophone lanzaron o EP The Blue Room, cunha tirada de 5.000 copias. Despois Editaron o seu primeiro disco, Parachutes o 10 de xullo de 2000, chegando ao primeiro lugar das listas no Reino Unido,A Rush of Blood to the Head, X&Y e, no ano 2008, lanzaron o álbum Viva la Vida or Death and All His Friends.

No hay comentarios:

Publicar un comentario