Video de piccasa

E:

viernes, 3 de diciembre de 2010

TARXETA DE SON

 Resposta á prengunta do exame:A tarxeta de son é a encargada de transformar o son analóxico en información dixital(ceros e uns), e viceversa; así, gracias a tarxeta de son,podemos:
  • Escoitar sons almacenados nuns ficheiros denominados arquivos de son.
  • Grabar e manipular os sons almacenados en eses ficheiros.
  • Incluir sons en documentos diversos: presentación de powerPoint, páxinas web...
  • Escoitar CDs musicais no ordenador.
  • Utilizar programas de música para compor, retocar e reproducir melodías propias.
  • Utilizar o ordenador como si de unha cadea dee música se tratase.
A tarxeta de son conectase a placa base a través dunha ranura de expansión e, unha vez conectada, habrá que instalar o software adecuado para configurala e sacarlle o máximo rendimento posible. Na actualidade, a maioría das placas base traen implementada a tarxeta de son, polo que non é necesario utilizar unha tarxeta de son específica nin ocuparunha ranura de expansión.
CONECTORES:
  • Porto midi:Permite introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.
  • Saída de audio:Envía o son a un amplificador ou grabador externo.
  • Saída para altofalantes ou cascos (verde):Permite conectar estes dispositivos.
  • Entrada de micrófono(rosa):Permite introducir sons do exterior: voz, música...
  • Entrada de línea de audio (azul):Permite introducir, ao ordenador, sons de un aparato externo: unha radio, unha cadea de música, etc.


       
          Páxina de información sobre tarxeta de son

No hay comentarios:

Publicar un comentario