miércoles, 30 de marzo de 2011
domingo, 27 de marzo de 2011
viernes, 25 de marzo de 2011
jueves, 3 de marzo de 2011
9. DISPOSITIVOS DA COMUNICACIÓN. REDES.
- Redes locais.
Topoloxía dunha rede.
Unha rede local pode instalarse de varias maneiras distintas, e cada unha vén determinada por características como o tipo de cableado, a velocidade e transferencia e a seguridade que poderá ter.
Rede en anel: Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se é el o destinatario; se non fose así, deixará pasar información ao seguinte, e así sucesivamente.
Rede en estrela: Os ordenadores non están conectados directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e con velocidades de transmisión alta.
*hub e switch: Estes son os dispositivos que se poden emplear para interconectar todos os ordenadores dunha rede en estrela
-Hub ou concentrador: A este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo, e actúa de ponte entre todos eles.
-Switch ou conmutador: Ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, só envía a información ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.
- Cableado dunha rede local.
Existen varios tipos de cableado local: - *Cableado coaxial:Trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media: a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente está en desuso.
*Cableado UTP:Este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación.
*Cableado de fibra óptica:A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro protexidos por fibras de kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permiten alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa.
- Redes externas. Internet:Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo países.
Redes inarámicas: Nas redes inarámicas, tamén denominadas wifi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que supón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo conséguese gran liberdade de movemento.
A tecnoloxía que permiten a conexión sen cables baséase tanto en ondas de raio coma en microondas para transmitir a información. A velocidade de transmisión é baixa e varían segundo o protocolo utilizado. As distancias tamén van aumentando como é o caso de WiMAX, que permite conexións ata un máximo de 50 km, con velocidades de ata 70 Mbps.
As redes privadas virtuais: son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa, pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación pode chegar a ser privada.
Conexións através du unha liña telefónica
Os modems: son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña telefónica convencional. A súa misión consiste en modula (converter) o sinal dixital do ordenador en analóxica (para ser enviada pola liña telefónica) e demodulala sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital. Anteriormente os modems eran externos pero na actualidade son internos, ademais xeneralizáronse os modems fax, que permiten aumentar a funcionalidade do ordenador.
*Tarxetas RDSI:É unha liña telefónica que entre as súas vantaxes fronte ás liñas RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas. É necesario utilizar unha tarxeta de comunicación RDSI.
*Módems ADSL:Esta tecnoloxía permite o uso de fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade e para o uso normal dunha liña telefónica.
As liñas ADSL permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío. A evolución do ADSL trouxo consigo novas versións melloradas desta tecnoloxía, como a ADSL2 e a ADSL2+, cun aumento substancial das velocidades de transferencia. Para poder realizar a conexión a través dunha liña ADSL, é necesario dispoñer dun modem especial denominado modem ADSL.
*Router:Este dispositivo permite unir ordenadores coma se fose un hub ou swich. Pero esta non é a súa única e principal función, posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queren conectar. Este último é o motivo polo que existen router ADSL que permiten realizar a conexión a internet a través da liña telefónica.
O router tamén se encarga de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios.
Un router tamén en capaz de comprobar se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa; ademais, se hai varias rutas, o router elixirá a máis rápida.
Aínda que un modem-cable modula/demodular a información como un modem convencional, tamén realiza funcións semellantes ás dunha tarxeta de rede posto que o modem-cable se conecta directamente cun sistema de terminación de modem cable, pertencente á compañía, e só con el poderá realizar a transferencia de información.
Esta tecnoloxía está en desuso pola súa baixa velocidade fronte a outros sistemas cablear, e a súa utilización está a quedar reducida a lugares ou situacións onde por razóns xeográficas, non hai posibilidade de utilizar outro tipo de conexión.
- Conexión por ondas radioelétricas: Tamén é posible acceder a internet mediante ondas radioeléctricas. A este sistema de conexión coñéceselle coas siglas LMDS, que fan alusión á existencia de múltiples puntos cos que os usuarios establecen comunicación mediante ondas radioeléctricas de alta frecuencia. Dependendo da frecuencia, alcánzanse diferentes taxas de transferencia de información e distintas distancias de operatividade.
- Conexión móbil.
*GSM: O sistema GSM é un estándar internacional de telecomunicacións dixitais móbiles, que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. No GSM a voz convértese nun sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala.
*GPRS: O sistema GPRS está baseado na comunicación de paquetes e non de circuítos, como era o caso do sistema GSM. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas.
*UMTS: O sistema de comunicación UMTS traballa cunha frecuencia moi alta (2 GHz), que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esa taxa é posible transmitir voz e datos á vez, e mesmo sinal de TV e videocámara.
aqui accederas a unha paxina sobre o tema
martes, 15 de febrero de 2011
Dispositivos de almacenamento
8. DISPOSITIVOS DE ALMACENAMENTO.
- Discos magnéticos:
O disco flexible, tan utilizado ata a aparición da memoria flash, era o soporte de almacenamento que se utilizaba para transportar información dun ordenador a outro. Os discos flexibles máis utilizados eran os denominados discos de 3 1/2, aínda que existían outros como os discos ZIP, e os Superdisk LS-x.
Hoxe en día, o representante máis importante dos discos magnéticos é o disco duro. Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; o número de discos e a composición do material magnético determina a capacidade do disco duro, hoxe falamos de discos duros de 200, 400 ou 500 GB, e mesmo de 1 TB. Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos poden ser: discos IDE (EIDE), que pola súa velocidade de transferencia poden ser (ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66,Ultra DMA-100,Serial-ATA.
- Disco ópticos:
CDR:Son discos que permiten que a información almacenada nel poida ser modificada, pero só unha vez.
CD RW:Son discos regrabables como os CD R pero diferéncianse en que os CD RW poden modificar varias veces a información gravada neles blue-ray: Este nome débese á cor azul do seu raio láser. É un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade. Hoxe en día chegan a almacenar dende 25 a 33,4 GB por capa ou ata 50 GB se se trata de discos de dobre capa.
En canto á súa velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/S ata 432 Mbit/S.
- Discos mágneto-óptico.
A superficie dun disco magneto-óptico está constituída por unha aliaxe de metal cristalino sobre unha superficie de aluminio.
Á hora de gravar ou modificar información, o láser quenta unha pequena porción de superficie da aliaxe cristalina, liberando aos cristais o suficiente para permitirlles o movemento. O campo magnético é capaz de orientalos para que cambien a súa posición e poder así representar os díxitos (1 e 0) correspondentes á nova información.
A lectura de información realízase do mesmo modo que nun disco óptico.
- Dispositivos de almacenamento baseado na memoria flash.
- 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
![]() |
| Disco magnético |
![]() |
| Discos Ópticos (CD ROM, DVD) |
![]() |
| Disco Magneto-óptico |
![]() ![]() |
| Memoria flash Blue-Ray |
texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























